Publicador de contidos

Publicador de contidos

A máscara en exteriores: como e cando teño que usala?

A máscara en exteriores: como e cando teño que usala?

A medida afecta todas as persoas maiores de 6 anos

Pode quitarse no exterior durante a práctica de deporte individual

Non é obrigatoria para as actividades non deportivas realizadas en espazos naturais

G24.gal 23/12/2021 19:44

O Goberno volve impoñer o uso da máscara en exteriores para todas as persoas maiores de 6 anos.

Deberá utilizarse independentemente da distancia, nos seguintes supostos, con certas excepcións que tamén detallamos nesta información.

MÁSCARA OBRIGATORIA

1 - En calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público.

2 - En calquera espazo ao aire libre de uso público ou que se atope aberto ao público.

3 - Nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús, teleférico ou ferrocarril, inclúe plataformas e estacións de viaxeiros. Tamén nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, se os ocupantes non conviven no mesmo domicilio.
 

EXCEPCIÓNS DA MÁSCARA

1 - Pasaxeiros de buques e embarcacións cando se atopen dentro do seu camarote.

2 - Persoas que presentan algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía ou que presenten alteracións de conducta que fagan inviable a súa utilización.

3 - No caso de que, pola propia natureza das actividades, o seu uso resulte incompatible, con arreglo ás indicacións das autoridades sanitarias.

4 - En lugares ou espazos pechados de uso público que formen parte do lugar de residencia dos colectivos que alí se reúnan, como institucións para a atención de persoas maiores ou con discapacidade.

Isto inclúe as dependencias destinadas a residencia colectiva dos traballadores esenciais ou outros colectivos que reúnan características similares, pero neste caso coa condición de que teñan coberturas de vacinación superiores ao 80 % coa pauta completa e dose de recordo.

Esta excepción non é aplicable aos visitantes externos, nin aos traballadores dos centros residenciais de persoas maiores ou con diversidade funcional, xa que neste caso sí é obrigatoria.

5 - No exterior, durante a práctica de deporte individual así como a realización de actividades de carácter non deportivo realizadas en espazos naturais sempre e cando se manteña a distancia mínima de 1,5 metros con non conviventes.

6 - Nos centros penitenciarios en que haxa mobilidade dos internos, tanto en exteriores coma en espazos pechados, rexirase polas normas específicas que estableza a autoridade penitenciaria competente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos