Publicador de contidos

Publicador de contidos

A lei de servizos sociais manterá as axudas aínda cambiando de comunidade

A lei de servizos sociais manterá as axudas aínda cambiando de comunidade

Establece o "proceso de cogobernanza" entre o Estado e as autonomías para asegurar a igualdade na cobertura dos dereitos

Varias comunidades xa alertaron de que vixiarán que non haxa invasión das súas competencias

G24.gal 17/01/2023 18:04

O Goberno aprobou este martes o anteproxecto da que será a primeira lei estatal de servizos sociais, que garantirá un marco común de prestacións en todo o territorio e a mobilidade deses servizos en caso de desprazamento dos usuarios entre comunidades autónomas.

O Consello de Ministros deu o primeiro paso no trámite desta norma que ordena ás comunidades acordar un catálogo común de servizos e prestacións básicas, e que establece o "proceso de cogobernanza" entre o Estado e as autonomías para asegurar a igualdade na cobertura deses dereitos. A tramitación prevese complexa xa que varias comunidades alertaron de que vixiarán que non haxa ningunha invasión das súas competencias.

A norma establece un marco de protección para os servizos sociais, eliminado o requisito de empadroamento para o acceso a eses servizos e recoñece o dereito de todas as persoas con residencia en territorio español "sen distinción ou exclusión algunha" e con independencia da súa situación administrativa.

"Un dos obxectivos é acabar cos labirintos burocráticos nos servizos sociais porque a unha persoa que necesita o ingreso mínimo ou a teleasistencia non se lle pode poñer ningún requisito adicional que dificulte ese dereito", salientou a ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros.

"É un balón de osíxeno" para os traballadores e para as persoas atendidas nos servizos sociais, sinalou Belarra, quen confía en que reunirá "os apoios suficientes" para a súa aprobación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade