Publicador de contidos
Publicador de contidos

A lei de amnistía votarase no Senado o 14 de maio, dous días despois das eleccións en Cataluña

A lei de amnistía votarase no Senado o 14 de maio, dous días despois das eleccións en Cataluña

O veto do PP devolverá a norma ao Congreso, onde se aprobará definitivamente 

A lei podería estar vixente a próxima semana

G24.gal 06/05/2024 20:54 Última actualización 06/05/2024 20:59

O Senado vai votar a lei de amnistía nun pleno o próximo 14 de maio, dous días despois das eleccións en Cataluña. 

Así o decidiu esta tarde o relatorio da comisión que está tramitando a lei. O Partido Popular, con maioría absoluta na cámara alta, votará en contra, polo que a norma terá que volver ao Congreso para ser aprobada definitivamente.

A expensas das resolucións dos recursos que hai presentados contra a lei, a amnistía podería estar en vigor a próxima semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade