A intervención militar en Irán abre un escenario incerto coa ameaza duna escalada bélica
Os analistas coinciden en que a principal xustificación de Trump e Netanyahu para a intervención é eliminar a ameaza nuclar de Irán e o seu apoio a grupos terroristas da zona
A intervención conxunta de Israel e os EUA en Irán abre un escenario incerto e deixa no aire a posibilidade duna escalada bélica.
" Non sabemos canto tempo vai durar este enfrontamento, pero asumimos que van ser varias semanas. Hai que pensar que EUA ten investidos moitos cartos en despregar todo ese poderío militar mesmo con portaavións e un grande operativo.", explica José Manuel Estévez Saá, experto en relacións internacionais
"O obxetivo tanto declarado como dende o punto de vista da operativa do ataque parece ser claramente derrocar aos aiatolás. E iso abre un escenario de ver quen ocupa o poder se eso finalmente sucede. Se sucede hai distintas opcións que son todas igualmente incertas.", di o profesor de Dereito Internacional da UDC Jorge Quindimil
Os expertos coinciden en que a principal xustificación de Trump e Netanyahu para a intervención é eliminar a ameaza nuclear que supón Irán e tamén apoio do réxime a grupos terroristas da zona, pero cren que busca ademáis reforzar a preminencia de Israel.
"O obxetivo é protexer e permitir que a hexemonía de Israel, pouco a pouco a través de acordos como o de Abraham, se vaia consolidando na rexión.", engade Estévez Saá
Haberá que agardar para ver se se materializa a caída do réxime do Aiatolas que gobernan en Irán con man de ferro dende hai case 50 anos.