A finais deste verán estará rematada a primeira fase do novo CHUAC
Terá 1.500 camas, o dobre de postos de urxencias e 500 consultas
A finais deste verán estará rematada a primeira fase das remodelación e ampliación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
O novo CHUAC custará 430 millóns de euros, o "maior investimento da sanidade pública galega", segundo destacou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación hoxe do proxecto dos novos edificios, acto en que participou a alcaldesa da cidade, Inés Rey.
Feijóo dixo que o novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña vai ser unha referencia para pacientes e traballadores sanitarios. Terá 1.500 camas, o dobre de postos para urxencias que agora, 40 quirófanos e 500 consultas externas.
"Queremos que se aposte por un modelo de asistencia sanitaria en que se fomenten os hospitais de día, a cirurxía sen ingreso, o traballo de unidades multidisciplinares, con alta tecnoloxía para conseguir unha mellor diagnose para diminuír os tempos", afirmou o presidente da Xunta.
A primeira fase da obra custa 13 millóns, pero o orzamento total roza o 430 millóns.