Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta de vidro afecta principalmente os sectores do viño e das algas

A falta de vidro afecta principalmente os sectores do viño e das algas

O prezo do vidro incrementou un 40 % nos últimos seis meses

G24.gal 09/08/2022 17:54

O desabastecemento do vidro obriga a moitas adegas a cambiar os plans de produción. Durante nove meses houbo unha carencia de oferta de vidro que agora está prexudicando sectores como o vitícola e mais o das algas. 

Nos últimos seis meses o prezo do vidro incrementou un corenta por cento. É un problema que levan arrastrando desde hai meses e desde o Nadal foi acusándose cada vez máis.

A maioría delas foron facendo abastecemento para a tempada que comeza en breve, pero hai algunhas -poucas-, que terán que facer modificacións, xa sexa utilizando un tipo de botella co que non contaban ou directamente reducindo a produción.

O sector do viño é o máis afectado, pero como imaxinan os fallos de subministración de vidro tamén impactan noutros sectores.

Os provedores do vidro están a tardar máis de seis meses en entregar os envases, xa que non teñen suficiente stock.

A adega Vía Romana é a primeira vez que vive esta situación e considera que é debido á mala planificación dos provedores e ao exceso de confianza en que a pandemia ía reducir a demanda de viño. O problema non é só a escaseza de vidro senón tamén o alto custo que está acadando.

O desabastecemento do vidro tamén chegou ao sector das algas. Os produtores aseguran que o problema non queda só na falta de envasado senón na de cartóns para empaquetar, etiquetas e tapóns. Sofren atrasos con todos os produtos e coa maioría dos seus provedores.

Inconvenientes que obrigan a reprogramar toda a actividade nestes sectores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade