Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta de gol continúa penalizando o Celta

A falta de gol continúa penalizando o Celta

O equipo de Coudet só marcou catro goles nas sete últimas xornadas

Diante do Granada fallou múltiples oportunidades para sentenciar

G24.gal 02/05/2022 21:14

A contagotas vai chegando a permanencia do Celta este ano. Parecía que a tiña pechada en Granada e escapóuselle no engadido. Cumpriuse a máxima de quen falla acaba pagando. E iso que Coudet acertou co plan do partido.

O Celta non deu axustizado ó Granada, que aínda co valioso punto, segue en descenso. E grazas a que Iago Aspas non tivo o mellor día, porque era un partido para poñerse en solitario detrás de Benzema. Coa asistencia de Denis e axuda do defensa marcou e xa suma quince goles... Non ían aplaudir nos Cármenes, pero os insultos a coro son inaceptables. 

A pesar dos 15 de Aspas o Celta vai pechar a temporada cunha cifra de goles marcados das máis baixas desde o último ascenso. 37 goles a favor. Quedan 4 partidos. O sábado un punto en Balaídos contra o Alavés pecharía a permanencia.

Pra Denis Suárez, que en Granada saiu de recambio e notouse, os 40 puntos indican que o traballo está feito. Probablemente quédanlle dous partidos como celeste en Balaídos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos