Publicador de contidos

Publicador de contidos

A exministra de Traballo socialista Magdalena Valerio presidirá o Consello de Estado

A exministra de Traballo socialista Magdalena Valerio presidirá o Consello de Estado

O voceiro do PP, Javier Maroto, cualificouno de nomeamento "a dedo" e pediu "hixiene" na elección dos membros dos organismos do Estado

G24.gal 17/10/2022 09:49

A exministra socialista de Traballo Magdalena Valerio, actual presidenta do Pacto de Toledo no Congreso dos Deputados, será a nova presidenta do Consello de Estado.

Magdalena Valerio substituirá no cargo a María Teresa Fernández de la Vega, quen comunicou a súa renuncia o pasado 13 de outubro.

O vindeiro martes a proposta presentarase no Consello de Ministros, pero o nomeamento farao o Congreso.

O PP pide reconsiderar o nomeamento

O portavoz do PP no Senado Javier Maroto pediu este luns que o Goberno reconsidere a decisión de nomear á exministra de Traballo Magdalena Valerio como presidenta do Consello de Estado, en substitución de María Teresa Fernández de la Vega, polo "exceso de amiguismo".

Maroto cualificouno este luns nunha entrevista con Onda Cero de nomeamento "a dedo" e pediu "hixiene" na elección dos membros dos organismos do estado, pois ao seu xuízo, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "foi especialista en nomear afíns en todos os postos de confianza" e "todas as semanas" hai "un caso máis".

A carreira de Valerio

Valerio, nacida en Torremocha (Cáceres) en 1959, foi ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social entre xuño de 2018 e xaneiro de 2020 no Goberno de Pedro Sánchez. Á fronte desta carteira, impulsou políticas sociais e de igualdade, pero non tivo tempo de acometer a reforma laboral aprobada polo PP en 2012.

Entre as medidas adoptadas durante os anos en que foi ministra, destacan a subida do salario mínimo Iiterprofesional ata 900 euros, que foi aprobada en decembro de 2018, ou a implantación do rexistro de xornada laboral vixente desde maio de 2019

Nas eleccións lexislativas de abril de 2019 foi reelixida deputada e na repetición das eleccións o 10 de novembro, tras non formarse Goberno, volveu conseguir o escano como cabeza de lista do PSOE por Guadalaxara.

Valerio continuou como ministra en funcións até o 13 de xaneiro de 2020, pero non repetiu no novo Goberno de coalición formado polo PSOE e Podemos.

Nesta lexislatura preside no Congreso dos Deputados a Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo, é vocal da Deputación Permanente e das comisións para a auditoría da calidade democrática, a loita contra a corrupción e as reformas institucionais e legais e da Mixta de Relacións co Defensor do Pobo.

No 40 Congreso do PSOE, celebrado en Valencia a mediados de outubro de 2021, cesou como responsable federal de Seguridade Social e Pacto de Toledo e incorporouse ao Comité Federal do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade