Publicador de contidos

Publicador de contidos

A erupción da Palma vólvese moi explosiva

A erupción da Palma vólvese moi explosiva

Preocupa que chova e se formen lodos de cinza

Os nenos seguirán con clases virtuais este venres

Máis de medio cento de terremotos nesta xornada

directo As distintas bocas do volcán expulsan cinza sen parar
Ana Lois 04/11/2021 20:53

O volcán do Cumbre Vieja soa este xoves con máis forza ca nunca e a enorme columna de cinzas que expulsa sen descanso vese dende toda a illa.

A actividade explosiva das últimas horas produce unha gran cantidade de gases e tamén un ruído continuo e enxordecedor.

As distintas bocas do volcán altérnanse na expulsión de lava e cinzas. Do interior da terra segue saíndo magma en grandes cantidades. Pero a cinza preocupa moito nestes momentos. Porque, se chove, poderían formarse lodos volcánicos e complicar aínda máis a situación.

Numerosas persoas traballan en toda a illa para retirar a cinza que, aínda así, segue acumulándose en grandes cantidades. "Si, demasiados días xa e con ganas de que iso termine e pase todo", di un operario da limpeza.

A calidade do aire obriga a que os rapaces sigan coas clases na casa durante este venres. 
Algúns expertos ven indicios de que a actividade do volcán podería estar comezando a remitir. Pero ninguén quere dar esperanzas firmes.

Na illa producíronse este xoves máis de medio cento de terremotos. A lava cubriu xa 998 hectáreas e arrasou máis de 2.700 edificios.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, visitará de novo A Palma este venres. É a sexta vez que viaxa á illa dende que comezou a erupción do volcán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade