Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT identifica 36 puntos e tramos de perigo no Camiño Portugués

A DXT identifica 36 puntos e tramos de perigo no Camiño Portugués

Dous deses puntos e dous treitos están considerados de risco para a seguridade dos camiñantes

Unha peregrina atravesando a estrada N-550 preto de Cesantes este martes
G24.gal 01/03/2022 13:56

Os cruzamentos de estrada, como este coa Nacional 550 no concello de Redondela, e os tramos en que a ruta a Compostela discorre pola beiravía de estradas son os que representan risco, en maior ou menor grao, para camiñantes, ciclistas ou peregrinos a cabalo.

Nos 210 quilómetros que suman o Camiño Portugués tradicional e o da costa desde A Guarda, a Dirección Xeral de Tráfico identifica 36 puntos de risco, tras moitas melloras nos últimos anos.

Celestino Lores Rosal, presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués afirma que as melloras para a seguridade viaria dos camiñantes son moitas e notables nos últimos anos, pero di que aínda quedan puntos de risco.

Lores, que tamén é o responsable do albergue de Pontevedra, di que os peregrinos sinalan como puntos negros en seguridade viaria un no Porriño, outro en Caldas e outro en Cesantes. Neste último hai instalado un semáforo con pulsador para o paso de peóns, pero a maioría atravesan a estrada de fronte. Aínda que o tramo para os coches ten limitación a 50 por hora, a maioría de camiñantes arriscan por acurtar o camiño uns cen metros.

Outros problemas que atopan os peregrinos do Camiño da costa son a interrupción da ruta pola falta do transbordador entre Caminha e A Guarda e a desorientación pola falta de sinalización concello de Vigo. Explica Lores que o camiñante estranxeiro non entende esa eiva debida ao conflito entre o goberno municipal de Vigo e o autonómico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade