Cargando resultados...
A desgraza cébase co Coruxo en Zamora (1-0)
G24.gal
27/11/2022 20:54
O Coruxo segue sen levantar a cabeza. Perdeu no campo do Zamora por 1-0 e tamén podería quedar para a vindeira xornada sen o dianteiro goleador Youssef Al Watani, mancado, e o porteiro e capitán Alberto Domínguez, expulsado.
Nas últimas tres xornadas, o Coruxo só deu sumado un punto, e se imos ás sete últimas xornadas só gañou un partido. Se cadra no primeiro tempo non estivo moi fino o equipo dos irmáns Montes, pero na segunda metade acumulou merecementos dabondo para levar un empate. Mesmo protestou unha caída de Andriu na área que o colexiado non entendeu como penalti.