Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confirmada a morte violenta de Esther López en Traspinedo

Confirmada a morte violenta de Esther López en Traspinedo

A Garda Civil mantén abertas todas as hipóteses

O cadáver apareceu vestido e sen soterrar

Tiña todos os obxectos que levaba cando desapareceu

G24.gal 06/02/2022 14:50

Traspinedo vive a primeira das tres xornadas de loito oficial decretadas polo concello por Esther López, desaparecida o 12 de xaneiro e localizada morta este sábado á beira dunha estrada que xa fora rastrexada antes.

Os resultados definitivos da autopsia determinarán se o cadáver foi trasladado ata o lugar. A delegada do Goberno contra a violencia de xénero acaba de confirmar a morte violenta de Esther.

A Garda Civil segue investigando para saber que lle pasou a Esther López despois de desaparecer, a noite do pasado 12 de xaneiro.  

Tras máis de 20 días de busca, atoparon o seu corpo o sábado pola mañá á beira da estrada, a 200 metros dun polígono industrial, nunha zona rastrexada polos axentes en varias batidas e de moito tránsito diario.

Os investigadores aseguran que non descartan ningunha hipótese pero sospeitan que alguén trasladou o cadáver horas antes coa intención de que o atoparan.

Vestida e sen soterrar

Estaba na superficie, sen soterrar, vestida, e non faltaba ningún dos obxectos que levaba a noite que desapareceu, a carteira, o móbil e as chaves da casa.

A análise de todas estas pezas e o exame forense do cadáver determinarán as circunstancias da morte de Esther e tamén poden ofrecer pistas sobre posibles implicados.

Os veciños deste concello de apenas 1000 habitantes tamén pensan que hai moitas cousas que non cadran.

Tres sospeitosos

Ata a localización do cadáver, a Garda Civil tiña tres sospeitosos. Un deles, coñecido como Ramón 'o Manitas' estivo detido durante seis días pero finalmente quedou en liberdade condicional.

Os axentes tamén investigan os movementos dos dous amigos que estiveron con Esther a noite que desapareceu. Segundo parece, un deles ofreceu varias versións sobre o sucedido aquel día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade