Publicador de contidos

Publicador de contidos

A defensa e Carratú foron a chave no triunfo do Mecalia ante o Xixón (25-18)

A defensa e Carratú foron a chave no triunfo do Mecalia ante o Xixón (25-18)

Segunda vitoria consecutiva de Ana Seabra á fronte do equipo

Foto Mecalia
G24.gal 16/02/2023 11:35 Última actualización 16/02/2023 11:41

O Mecalia At. Guardés sumou unha valiosísima vitoria ante o Xixón na Sangriña (25-18). Un triunfo de capital importancia para levantar a cabeza e mirar cara arriba na clasificación ligueira, con dous puntos chave que lle permiten saír da zona de play-out de permanencia.

Todo iso, sustentado na colosal actuación de Marisol Carratú nunha primeira parte que terminou cun 54 % de efectividade. É a segunda vitoria consecutiva de Ana Seabra á fronte do equipo e a cuarta en cinco encontros como local, o cal confirma o lastre que supuxo non poder contar co pavillón e co apoio da afección na maior parte da primeira volta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade