Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 40 rebaixas de condena dende a entrada en vigor da lei do só si é si

Máis de 40 rebaixas de condena dende a entrada en vigor da lei do só si é si

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia fixa postura en liña co Supremo: avala a rebaixa das penas, pero sempre analizando caso a caso

G24.gal 30/11/2022 14:55

A sentenza do Supremo sobre o caso Arandina permitiu coñecer por primeira vez a postura do alto tribunal sobre a aplicación a lei do só si é si. Eleva a condena inicial aos dous exfutbolistas, ata nove anos de prisión, pero advirte que serían 10 coa lexislación anterior. Tamén sinala o Supremo que cada revisión debe realizarse caso a caso.

Coincide neste punto o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que nas últimas horas fixaba posición e concluía que cabe a revisión das condenas, pero sempre analizando cada caso de forma individual. Once audiencias provinciais tamén se posicionaban a favor deste criterio. Os xuristas coinciden:  "Cada caso ten o seu estudio particular, asunto por asunto. Non se van facer rebaixas de penas con carácter de globalidade", asegura Evaristo Nogueira.

Coa nova lei o delito de agresión sexual absorbe o de abuso, o que amplía a franxa de penas, no seu máximo e no mínimo. A Constitución e o Código Penal establecen que as leis que favorezan o reo teñen efecto retroactivo aínda que a sentenza sexa firme, o que explica o aluvión de solicitudes. Ata o momento son 43 as revisións á baixa de condenados por agresión sexual dende a entrada en vigor da lei, catro delas en Galicia.

Os avogados ven complicada calquera modificación para recuperar os tipos anteriores. "Unha reforma agora para intentar paliar esa certa deficiencia lexislativa non vai solucionar en principio as revisións acordadas", di Nogueira.

A ministra de Xustiza di que o Goberno vai agardar o criterio definitivo do Supremo antes de facer balance da que considera "unha boa lei".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade