A comunidade venezolana celebra nas rúas de Galicia e España a captura de Maduro
Centos de venezolanos concentráronse en Ourense para celebrar que" por fin Maduro terá que responder ante a xustiza"
A capital de España tamén acolleu unha celebración espontánea da diáspora venezolana
Na provincia de Ourense hai censados 11.000 venezolanos. Hoxe moitos deles concentráronse, con música e bailes, na praza maior da capital da provincia. Peroas de todas as idades amosaron, con bandeiras do seu país, a ledicia pola detención de Maduro. Todo tras saber que os familiares que quedaron alá están ben.
Concentración en Madrid
Uns 2.500 venezolanos, segundo datos das autoridades españolas, congregáronse espontaneamente este sábado na Porta do Sol, en pleno centro de Madrid, para celebrar, cantando e bailando, a "caída" de Nicolás Maduro.
"Vai enfrontar a xustiza que (Maduro) lles negou a miles de venezolanos", dixo en declaracións a EFE Omar, un mozo venezolano que saíu hai 8 anos do seu país natal, cando tiña 14 anos, e viviu desde entón "en catro países", dos que España é o cuarto.
El foi un dos moitos venezolanos que se congregaron na Porta do Sol, para ondear bandeiras de Venezuela e cantar e bailar tras a captura de Nicolás Maduro e da súa esposa, Cilia Flores.
Aos pés dunha enorme árbore de Nadal instalada na praza, os participantes fixeron círculos con altofalantes de música e, rodeados de turistas curiosos ou de españois que os felicitaban.
Venezolanos celebran a caída de Maduro na Porta do Sol, en Madrid. EFE/ Borja Sánchez-Trillo