Publicador de contidos

A chuvia transforma unha rúa da Vilaxoán nunha cloaca

A chuvia transforma unha rúa da Vilaxoán nunha cloaca

Os veciños pídenlle ao Concello de Vilagarcía a renovación integral da rúa ante os problemas que sofren cando cae un trebón

Imaxe da rúa Bouza de Abaixo, en Vilaxoán, con restos do levantado pola última chuvia
G24.gal 20/09/2023 13:52

Un chuvasco forte transforma a rúa de Bouza de Abaixo, en Vilaxóan, nunha cloaca con todos as consecuencias de cheiro e aspecto. Este mércores sentíanse os efectos do último episodio consecuencia da chuvia forte do luns. 

Di Ángela, veciña da zona, que "a auga emerxe polos sumidoiros mesturada de pluviais con fecais que deixan na rúa e nas casas baixas todo tipo de residuos da rede de sumidoiros". 

Ramón, outro residente, engade que "a miña experiencia de anos en Vilaxoán xa me di que se hai chuvia algo forte xa hai que prepararse para limpar a merda".

A veciñanza di que a  peor parte a levan os que viven na parte baixa. Lembran que foron eles no seu día os que pagaron a urbanización da rúa. Din que agora o Concello de Vilagarcía só aplica parches e pídenlle unha solución integral. 

"Ao longo de toda a rúa baixan mesturadas, augas pluviais, fecais e un regato. As tubaxes están rotas, polo que cando chove e auga vai cavando o terro desde enriba, e ao chegar á parte baixa levanta tapas de sumidoiro o emerxen as fecais por calquera fenda. E así, ano a ano, o firme da rúa vai afundindo. Veñen, parchean, pero non solucionan", explica Ramón.

"Cando a fixeron daquela, pagámola os veciños. Eu, que tiña sete fillos, tiven que pagala tamén", lembra Rosario. Outra veciña, Ángela, fala do proxecto do Concello de Vilagarcía para a rúa e conclúe dicindo que "a verdade é que nós estamos desesperados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos