Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia e o frío atrasan a temporada de primavera no comercio

A chuvia e o frío atrasan a temporada de primavera no comercio

Os comercios de roupa e calzado comezan a botar contas das perdas que lles está ocasionando este tempo de inverno en plena campaña de primavera 

Seguen vendendo botas e chuvasqueiros cando terían que estar facturando por sandalias

G24.gal 04/04/2024 14:40

A dona dunha zapatería da zona vella de Ourense amósanos unha das últimas vendas: "Botas de la. Nunca na vida pensei que a estas alturas se puideran vender botas de la, pero claro, o tempo pediuno e o cliente demanda e nós temos que ofrecerlle o que nos pide", comenta.

Aquí xa o teñen claro: para rendibilizar o negocio, hai que esquecerse das temporadas.

María José Díaz Garrido, zapatería World de Ourense: "Temos, na mesma temporada, desde sandalias a botas... porque non sabes o que lle tes que ofrecer ao cliente".

Para Angélica, con todo, é unha cuestión de paciencia. A calor vai chegar, aínda que se atrase máis do previsto.

Angélica Rodríguez, Angélica Moda: "Como choveu tanto, o inicio da temporada vai moi atrasado. Os autónomos poñémonos moi nerviosos porque empezamos moi mal a temporada e temos moitos gastos, hai que pagar moitas cousas...".

Vese tamén na rúa, onde os plumíferos e as botas conviven con modelos máis primaverais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos