A chuvia e o frío acompañarán o comezo de semana en Galicia

Botaremos case toda a semana co paraugas e o abrigo

O martes será un día seco

G24.gal 03/12/2023 22:16 Última actualización 03/12/2023 22:23

Esta primeira fin de semana do inverno meteorolóxico remata cunha fronte que deixaba chuvia en toda a comunidade esta tarde. A auga, que comezou a caer xa pola mañá na costa oeste da Coruña, foise estendendo ao resto de Galicia, e acadou forte intensidade á noite. 

Segundo Meteogalicia, o luns será unha xornada de ceos cambiantes con chuvascos intermitentes que irán remitindo ao final do día e que poderían ser de neve por riba dos 1.200 metros.

O martes agárdase un día seco pero o mércores volve entrar unha fronte pola tarde, polo que haberá que botar man do paraugas o resto da semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade