Publicador de contidos
Publicador de contidos

A candidatura de Barbero é a única presentada para liderar Sumar Galicia

A candidatura de Barbero é a única presentada para liderar Sumar Galicia

A Asemblea Xeral celebrarase o vindeiro sábado 23 de novembro en Santiago de Compostela

Verónica Martínez no Congreso o 8 de outubro de 2024 . Europa Press / Alejandro Martínez Vélez Verónica Martínez no Congreso o 8 de outubro de 2024 . Europa Press / Alejandro Martínez Vélez
G24.gal 18/11/2024 10:25

A candidatura que lidera a portavoz de Sumar no Congreso dos Deputados, Verónica Martínez Barbero, é a única rexistrada para dirixir a formación tras a Asemblea Xeral que se celebrará o vindeiro sábado 23 de novembro en Santiago de Compostela.

A Comisión Promotora de Movemento de Sumar Galicia deu luz verde á única candidatura presentada en tempo e forma para a nova Coordinadora Nacional da formación.

A candidatura conta con 30 persoas titulares e 8 suplentes, entre as que se inclúe Barbero como candidata a presidenta da formación; Paulo Carlos López como candidato á Secretaría Xeral, e o deputado Manuel Lago Peñas como número 3.

A persoa que pecha a lista é Marta Lois, que fora candidata ás eleccións autonómicas pola formación pero que, tras non conseguir escano no Parlamento de Galicia, volveu á docencia e actualmente é decana da Facultade de Políticas da Universidade de Santiago (USC).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade