Publicador de contidos
Publicador de contidos

O paso da borrasca Beatrice deixa máis de 300 incidencias en Galicia

O paso da borrasca Beatrice deixa máis de 300 incidencias en Galicia

Árbores caídas, estradas cortadas, teitos levantados e asolagamentos de rúas

Dous terzos das incidencias rexistráronse na provincia de Pontevedra

Unha árbore caída interrompe a circulación durante horas na A-6 en Culleredo

A auga corre por un treito das escaleiras do parque do Castro, en Vigo
G24.gal 23/10/2022 08:26 Última actualización 23/10/2022 21:35

A borrasca Beatrice que o sábado á noite en Galicia deixou máis de 300 incidencias. Sobre todo, rexistráronse asolagamentos nalgúns puntos porque os sumidoiros non daban aliviado, árbores e pólas caídas e cables do teléfono no chan por mor do vento.

En Vigo, os bombeiros traballaron durante toda a noite para despexar estradas e atender emerxencias. Unha árbore caeu sobre a estrada no parque do Castro e no barrio de Cabral tiveron que cortar algunhas vías.

A chuvia, que foi moi intensa, veu acompañada de fortes refachos de vento de case cen quilómetros por hora. Axadas que interromperon o tráfico aéreo do aeroporto de Peinador. Un voo foi cancelado e outro desviado polas malas condicións do tempo.

A situación foi mellorando e o transporte de ría, que tivo que ser suspendido, comezou a funcionar ás tres da tarde. Un cruceiro, que buscara abeiro no peirao de Vigo, puido continuar a súa travesía cara a Lisboa tras anular a súa escala na Coruña. 

Danos na cidade do Lérez

No concello de Pontevedra, a ventada guindou árbores en Campolongo e noutros puntos da cidade. Na rúa Otero Pedrayo, detrás da estación do tren, estragou varios coche que estaban estacionados.

En Poio, unha estrutura metálica saíu voando e caeu enriba dun coche.

Árbore rachada en Campolongo

Interior da provincia de Pontevedra

No interior do sur de Pontevedra a borrasca trouxo cifras excepcionais de auga acumulada. En Mondariz recolleron 72,2 litros por metro cadrado. Unha árbore caeu sobre un coche que circulaba pola EP-3004 e un home de Ponteareas, de 80 anos, quedou ferido leve. 

Pola noite, unha tormenta dificultou a circulación no Porriño, onde varios camións quedaron atrapados pola auga nos polígonos da Granxa e da Gándara. 

En Ponteareas choveu tanto en tan pouco tempo que o río Tea, que xa tende a desbordarse, multiplicou o volume de auga. Caeron 67,5 litros por metro cadrado. 

Corte na ponte de Catoira

Outra consecuencia da borrasca foi o corte momentáneo do tráfico na ponte de Catoira, que une as dúas beiras da ria da Arousa.

Os fortes refachos desprenderon unha viga de madeira e varias chapas metálicas que cobren a senda peonil da ponte.

Á unha da tarde, ante o risco de que as láminas invadisen a calzada, cortouse o tráfico durante unha hora, ata que os equipos de emerxencias conseguiron resolver o perigo.

Ás catro da tarde volveuse cortar a ponte durante uns minutos para colocar as pezas que quedaban coa axuda dunha autoescaleira.

Operarios reparan a ponte de Catoira Operarios reparan a ponte de Catoira

Chuvias intensas

En canto á chuvia, o peor esta noite estivo na comarca da Barbanza e na área de Santiago. Pero onde máis auga caeu foi en Entrimo, onde se recolleron case 75 litros por medro cadrado.

Refacho máximo

No que se refire ao vento, o refacho máximo, de 149 quilómetros por hora, marcouno a estación de Lardeira, en Carballeda de Valdeorras. 

Despois foi a costa atlántica a que concentrou os maiores rexistros: 119 quilómetros por hora en Oia, 115 en Camariñas e Cedeira, e por riba dos 100 tamén as Illas Cíes, Ons, Carnota, Malpica e Punta Lagosteira.

Vehículos danados na rúa Otero Pedrayo de Pontevedra

Circulación cortada

Unha árbore caeu ás dúas da mañá na A-6 en sentido Madrid, ao seu paso por Culleredo, concretamente no quilómetro 586. Non houbo que lamentar danos persoais, pero a circulación quedou interrompida ata as 5:00 horas.

Tamén houbo cortes por motivos similares na A-52, no quilómetro 297 en sentido Ourense, e na estrada N-550 á altura de Pontevedra. Neste último caso, unha árbore inhabilitou durante tres horas a circulación en ambos os dous sentidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade