A avaría dun tren de luxo interrompeu o servizo ferroviario entre Ortigueira e Viveiro
O Costa Verde Express quedou parado entre Mañón e Ortigueira
O servizo entre Ferrol e Ortigueira funciona con normalidade

Unha avaría no tren de luxo Costa Verde Express, de Renfe, interrompeu este xoves durante varias horas a circulación ferroviaria entre Ortigueira (A Coruña) e Viveiro (Lugo), no tramo da liña de ancho métrico que une Ferrol e Asturias.
Renfe indicou que a avaría ocorreu á primeira hora da mañá deste xoves, mentres o Costa Verde Express circulaba entre os municipios de Mañón e Ortigueira, na comarca do Ortegal.
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) confirmou que mentres habilitou un servizo alternativo por estrada para garantir a mobilidade das persoas usuarias.
O servizo entre Ferrol e Ortigueira mantense operativo
A organización do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que comezou este mércores e reúne cada ano arredor de 100.000 persoas, explicaba que o traxecto entre Ortigueira e Viveiro “se está prestando puntualmente por estrada” para atender os desprazamentos de media distancia.
O servizo ferroviario entre Ferrol e Ortigueira mantívose operativo con normalidade, polo que as persoas que acoden ao festival puideron seguir viaxando en tren ata a vila.