Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sae de prisión tras rebaixarlle cinco anos a pena a un agresor sexual en Vigo

Sae de prisión tras rebaixarlle cinco anos a pena a un agresor sexual en Vigo

En Navarra rexeitan a rebaixa de penas

G24.gal 02/12/2022 15:48

Xa son 6 as condenas por agresión sexual revisadas en Galicia dende que entrou en vigor a Lei orgánica de garantía integral de liberdade sexual. Dúas delas supuxeron a posta en liberdade dos agresores, unha en Ourense hai unhas semanas e a última onte en Vigo.

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, excarcera un condenado por agresión sexual despois de rebaixar a súa pena de cárcere en 5 anos.

O acusado fora condenado no seu momento á pena mínima, que antes era de doce anos e agora é de sete.  

 O Código Penal establece que teñen efecto retroactivo aquelas leis que favorecen o reo, pero que a pena non poderá ser rebaixada se está dentro do treito de penas que se contempla na lei nova.

En total en Galicia xa son 6 as condenas por agresión sexual revisadas. Catro aínda son casos abertos, están en trámite de apelación ordinaria no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e os outros dous, un de Ourense e este último de Vigo, supuxeron a posta en liberdade dos agresores.

 "A razón fundamental é que nos atopamos cunha aplicación estrita da lei, é dicir, a pena que tiña este señor antes coa lexislación anterior era de 11 anos de prisión agora baixoulle a 7 e por tanto ten que saír obrigatoriamente porque leva 11 anos, xa cumpriu, e por tanto está fóra do tempo de cumprimento", di Alejandro Vega, avogado.

En Navarra rexeitan a rebaixa de penas

A Audiencia de Navarra rexeita a revisión dunha condena de sete anos de prisión por unha violación. 

A defensa do condenado pedía unha rebaixa de dous anos.

A Audiencia non estimou o recurso porque na sentenza inicial non se optara pola mínima pena legal. E como coa actual lei é posible a imposición desa pena, non accedeu á rebaixa, tal e como establece o Código Penal.

Está é a primeira revisión solicitada en Navarra tras a entrada en vigor da lei do só si é si.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade