Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia de Lugo rexeita revisar a condena dun pai que abusou da filla porque coa nova lei a pena sería maior

A Audiencia de Lugo rexeita revisar a condena dun pai que abusou da filla porque coa nova lei a pena sería maior

O tribunal explica que, aplicando a lei do só si é si, a condena sería superior, e sempre hai que aplicar a lexislación máis beneficiosa para o reo

G24.gal 07/02/2023 17:39

 A Audiencia Provincial de Lugo rexeitou revisar a sentenza que lle impuxo a un home unha condena de doce anos de cárcere por abusar sexualmente da súa filla, revisión solicitada en base á entrada en vigor da “ei do só si é si.

A Audiencia Provincial de Lugo aclara que “non resulta procedente a revisión da sentenza” en que impuxo 12 anos de cárcere a ese pai por abusar da súa filla.

O tribunal explica que é “impoñible”, conforme á nova redacción do Código Penal, “unha pena privativa de liberdade superior”, pois polo delito ao que foi condenado o pai a condena sitúase nunha “franxa punitiva” entre “os 15 e os 18 anos e 9 meses de prisión”.

Ao tratarse dunha pena privativa de liberdade superior á imposta, a Audiencia Provincial rexeita a revisión, dado que a nova lexislación non é máis beneficiosa para o condenado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade