Cargando resultados...
A área sanitaria de Vigo é a que máis crece en contaxios diarios, 129
Os casos activos duplicáronse nos últimos cinco días e xa hai 918 persoas coa infección
G24.gal
25/11/2021 14:29
A área de Vigo é a que máis crece en número de contaxios diarios e suma este xoves 128 positivos novos. O crecemento é imparable e responde a varios factores.
Grazas á vacinación a afectación clínica é menor, con todo nos hospitais da área hai das 20 persoas ingresadas, dúas están na UCI.
A área de Vigo é a segunda con máis casos activos despois de Ourense, suma 918 persoas coa infección, son o dobre que hai cinco días.
O Sergas intensificou as probas diagnósticas para frear o avance do virus e retómanse os cribados masivos na área.