Publicador de contidos

Publicador de contidos

A alta laboral será automática en Galicia aos sete días da baixa por covid–19

A alta laboral será automática en Galicia aos sete días da baixa por covid–19

O presidente da Xunta anunciou esta medida, que xa tomaron outras comunidades autónomas

A Xunta distribuirá tests de antíxenos nas escolas para o alumnado

Avalancha de baixas na sexta vaga da pandemia

G24.gal 13/01/2022 14:00

Galicia súmase ás comunidades autónomas que tramitarán a baixa e a alta laboral por covid–19 de modo automático desde que transcorridos sete días, segundo anunciou o presidente galego Alberto Núñez Feijóo.

Tras a reunión semanal do Goberno galego, Núñez Feijóo considerou "sorprendente" que o Executivo central non adoptase unha norma homoxénea en todo o país.

A partir de agora, dixo, a alta tramitarase no mesmo momento da baixa e aos sete días haberá unha reincorporación do traballador sen ter que contactar de novo co médico; a non ser que siga tendo síntomas ou dea positivo nunha proba, xa que entón si deberá poñerse en contacto coa central de contactos ou co centro de saúde.

Núñez Feijóo destacou que as baixas por covid–19 están a ter un "impacto inmenso" nas arcas da Seguridade Social e asegurou que esta circunstancia "parece que preocupa máis aos presidentes autonómicos que ao Goberno central".

Na súa comparecencia, o presidente da Xunta explicou que o novo protocolo para contabilizar os positivos por covid–19 motivou unha baixada de 24.000 casos activos. Aínda así explicou que onte houbo máis de 7.000 novos positivos.

Por outra parte, Núñez Feijóo anunciou a compra de 50.000 tests de antíxenos que serán distribuídos nas escolas galegas para realizar cribados entre os alumnos que sexan compañeiros dalgún escolar con síntomas.

Na conferencia de prensa, ademais, anunciou que entre o mércores e o domingo da próxima semana se vacinarán 182.000 persoas de 30 a 39 anos coa terceira dose, unha vez que esta semana conclúa o grupo de 40 a 49 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade