Publicador de contidos
Publicador de contidos

102 detidos en España polo calote coñecido como "o fillo en apuros"

102 detidos en España polo calote coñecido como "o fillo en apuros"

Facíanse pasar por un familiar a traves dunha rede de mensaxería telefónica para obter transferencias de cartos das vítimas

G24.gal 30/04/2024 11:17 Última actualización 30/04/2024 11:36

A Garda Civil detivo un cento de persoas en toda España pola súa presunta participación no calote coñecido como "o fillo en apuros".  

Son 102 persoas arrestadas en varias cidades do litoral mediterráneo ás que se lles atribúe a obtención ilícita de 850.000 euros a máis de 200 vítimas. Enganábanas facéndose pasar por un familiar a través dunha rede de mensaxería telefónica para conseguir que lles enviasen cartos.

A operación policial, de nome Hiwaso,  foi desenvolvida polo Equipo da Garda Civil de Alacant, coa colaboración do Equipo de Delitos Telemáticos e o Equipo de Delitos Urbanísticos. Finalizou coa detención de 102 persoas repartidas nas provincias de Alacant, Barcelona, Xirona, Granada, Madrid, Málaga e Valencia, que foron postas á disposición do Xulgado de Instrución de Torrevieja.

Os delincuentes daban instrucións claras e específicas para facilitar a transferencia de fondos empregando o método de transferencia inmediata, sen retorno, o que permitía facerse inmediatamente cos cartos. A Garda Civil verificou que o grupo criminal branqueaba o diñeiro roubado facendo pagamentos en todo tipo de comercios e con retiradas de efectivo en caixeiros automáticos.

Os autores operaban distribuídos por toda a xeografía española. Una vez localizados os sospeitosos, iniciouse a explotación da operación, que tivo que realizarse en varias fases dada a súa envergadura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar