Ser muller e tola, as voces esquecidas do Hospital de Conxo
Ser muller e tola, as voces esquecidas do Hospital de Conxo
Os documentos do Arquivo de Galicia amosan a existencia de técnicas como electrochoque ou a impaludización
As internas eran usadas como mano de obra como parte da terapia
Mostra 'Voces esquecidas. As mulleres do Hopital de Conxo', no Museo Gaiás de Santiago, ata finais de setembro
Unha mostra que aínda se pode ver ata finais deste mes é: 'Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo', unha viaxe arrepiante polas historias das enfermas recluídas neste centro.
Historiais clínicos, libros de ingresos ou cartas persoais forman parte dos documentos que agora podemos consultar nesta mostra. E, unha vez máis, elas levaron a peor parte: ser muller e que te considerasen unha tola podía ser unha condena inhumana. Moitas delas nunca conseguiron saír do manicomio.