Ruth Varela: "A praza de abastos integrou o campo na cidade, e segue a apuntar como será o Santiago do futuro"
Ruth Varela: "A praza de abastos integrou o campo na cidade, e segue a apuntar como será o Santiago do futuro"
Ruth Varela dirixe o documental Os segredos do mercado de abastos de Santiago de Compostela
A peza, codirixida por Pablo Goluboff, pretende tamén ser unha homenaxe ao arquitecto que deseñou o mercado, o asturiano Joaquín Vaquero Palacios.
Hai lugares que están no imaxinario común das vilas e cidades. Espazos de encontro e comercio, entre o rural e o urbano que, polo seu carácter e calidade, debemos defender. Son os mercados de abastos, algúns pensados e construídos coma arquitecturas magnas que dan caracter e que resultaron moi anovadores.
Hoxe conversaremos sobre un documental que recorda e reconstrúe un deles, o mercado de Santiago de Compostela, moderno e vetusto, que se integrou nun espazo intramuros cheo de monumentos, unha auténtica catedral laica.