Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Fernández debuta con só dous días sobre a nova moto: "Veume o mundo enriba"

MUNDIAL MXGP

Rubén Fernández debuta con só dous días sobre a nova moto: "Veume o mundo enriba"

O vigués salta de categoría con só 22 anos

G24.gal 08/11/2021 16:00

Por Zona mixta pasou o mozo vigués Rubén Fernández, que deu un chimpo de categoría e tivo que acostumarse á súa nova montura en cuestión de horas antes de competir no Mundial MXGP

"Estou supercontento polo debut na categoría raíña de motocrós. Son do 99 e de Vigo. O gusto polas motos vén de familia. O meu pai corría e houbo unha tempada que corriamos todos xuntos, cos meus irmáns tamén. Conseguín 5 podios e 2 poles este ano cun equipo privado", así de feliz se amosaba pola estrea.

A suspensión da moto está feita para outro piloto

Confesou Rubén Fernández que ata as suspensións estaban regradas para un compañeiro e que notou a diferenza de peso tamén sobre a máquina

"Esta fin de semana en Italia tiven a oportunidade de montar na moto oficial. Aínda non me acostumei a esta moto, ese é o problema. Subín nela 2 días, pero nin puiden probar nada nos tests porque o circuíto estaba enlamado. Non puiden probar suspensións nin sentila ben"

"As medicións da suspensión están feitas para outro piloto. Aínda así fixen 4º e 6º. O que máis notei foi o peso da moto, os rivais son moi fortes, este ano dise que é o nivel máis alto. Están todos os campións do mundo. Nin eu podía imaxinar un salto á categoría mellor"

Jorge Prado, un referente

Outro galego está no seu pensamento, como referente e tamén para poder evitar as caídas que sufriu o piloto de Lugo estes últimos tempos, algo que non teme, pero que si que trata de eludir no posible.

"Claro que penso nas posibles caídas coa moto. As sensacións non son boas e non podo ir ao máximo, teño que ir con máis conta e custa máis pilotar. Penso en ir máis polo sitio. Vas con máis coidado"

Un acento internacional, marcado pola morriña

Ao preguntarlle por se perdera o acento galego con tanto tempo que pasa fóra da casa, confesou que era certo, pero que nunha semana xa o recupera e que cando pasa tempo fóra da terra, bótaa moito de menos

"Teño un acento mesturado dos lugares onde estiven. Levo un ano en Francia, antes vivín en Holanda e Italia. Cando volvo a Galicia enseguida o recupero. Pégame moito a morriña, estou desexando volver"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade