Publicador de contidos

Publicador de contidos

'O médico dos pobres do Incio', só o coñecemento da historia dará paso á paz

'O médico dos pobres do Incio', só o coñecemento da historia dará paso á paz

Manuel Díaz González, o Pequeniño do Incio, médico rural e alcalde republicano, foi executado polos falanxistas en setembro de 1936

En xuño abriu as portas a Casa da Memoria, un espazo de creación en lembranza de Manuel Díaz

O documental O médico dos pobres percorrerá ata decembro a provincia de Lugo nun ciclo de proxeccións

O documentalista Federico Rioboo e Patricia Castro, da Asociación A Casa da Memoria
G24.gal 17/10/2023 15:18 Última actualización 17/10/2023 16:36

Ao atardecer do 11 de setembro de 1936, sen xuízo nin sentenza, foi fusilado nunha cuneta, fronte a un centenario castiñeiro, o doutor Manuel Díaz González, o Pequeniño do Incio. Este feito é o eixe do documental O médico dos pobres, que este sábado foi presentado en Lugo.

O documental vai percorrer agora varios concellos de Lugo e hoxe imos falar non só desta historia, senón das repercusións que deixou ese asasinato co director da cinta, Federico Rioboo e Patricia Castro, da asociación A memoria é náufraga, produtora deste filme.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade