Cargando resultados...
'O home e o can': "Moitas veces estamos sós e rodeados de xente"
O home e o can preestrouse hoxe na Coruña e mañá, día 20, estréase en 22 salas de cine galegas
Rodada en branco e negro e en galego, a película aborda temas como a soidade, a vellez ou ao abandono do rural
Desde que acadara o Premio do Público no OUFF de 2022, a película leva xa colleitados máis dunha ducia de premios
Ángel de la Cruz, director, e Paula Chaves 'Pauliña', actriz
G24.gal
19/10/2023 14:28
Última actualización 19/10/2023 16:50
Na Coruña hai festa esta noite. Nos cines Cantón, arestora, preestrean O home e o can. Paula Chaves e Manuel Maquiña protagonizan esta película que a partir de mañá se estrea nas salas galegas. Pauliña vira en actriz nesa película, e tamén lle pon voz a súa banda sonora, e hoxe témola aquí co director e guionista, Ángel de la Cruz.