Cargando resultados...
Manuel Gago: "Por primeira vez en Galicia, Ferrol valoraba máis o talento ca o bo berce"
Ferrol no tempo é a segunda exposición do proxecto Cidades do tempo, que chegará a sete urbes deica 2024
A exposición fai un percorrido pola sorprendente historia da cidade
A poboación obreira deu entrada a saberes técnicos e á primeira Escola de Artes e Oficios
G24.gal
27/11/2022 11:30
No século XVIII Ferrol era a cidade máis poboada de Galicia, alí se fixo a primeira alameda pública ou o primeiro cemiterio civil. Ferrol no tempo é a segunda das exposicións que se farán nas cidades galegas lembrando a súa historia. En plena candidatura da cidade departamental para ser patrimonio mundial e porto da ilustración, ábrese na cidade esta mostra, da que falamos co seu comisario.