Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Castiñeiras: "Se o rural se mantén vivo, poderá resistir aos que queren esquilmalo"

Iván Castiñeiras: "Se o rural se mantén vivo, poderá resistir aos que queren esquilmalo"

'Deuses de pedra' é unha coprodución galega con Francia e Portugal que está montada a partir de imaxes recompiladas durante 15 anos

A cinta é unha mirada caleiodoscópica sobre a emigración, as tradicións, o que cambia ou que muda nunha zona fronteiriza

'Deuses de pedra' estreouse no Festival Internacional de Cine de Róterdam. É a primeira longa de Iván Castiñeiras.

G24.gal 13/02/2025 13:47 Última actualización 13/02/2025 17:02

Mariana, unha nena de catro anos, descobre o mundo nunha das últimas escolas rurais na fronteira entre Galicia e Portugal. Aos 18 anos terá que decidir se ela tamén marcha da súa aldea ou queda.  Esa mirada de Mariana é fío que tece o documental 'Deuses de Pedra'. Moimenta, Cádavos, A Mezquita, A Canda, Casares, Pinheiro Velho, Maçás, Hermisende, Seabra, Chaguazoso... territorios de lindes, a raia seca, onde o estraperlo, a emigración, a minaría, marcaron a vida de xeracións de galegos, portugueses e casteláns.

Nese territorio de mudas é onde Iván Castiñeiras rodou a súa primeira longa. 'Deuses de pedra', que acaba de estrearse hai uns días no Festival de Rotterdam.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade