Galeusca musical con Baiuca e Ízaro, Caruxa Salom e Joana Dark e entroidamos con Michu da Rocha
Michu da Rocha homenaxea os merdeiros do Entroido vigués
Catuxa Salom e a catalá Joana Dark danlles voz as mulleres do século pasado en 'As vosas raons'
Baiuca reactualiza con Ízaro o himno da nova canción vasca 'Xorieri'
No tempo do Entroido o vigués Michu da Rocha cántalle aos "merdeiros", unha figura recuperada do entroido desa cidade grazas ao traballo da Asociación Etnográfica a Merdeira. O seu tema apunta ao poder subversivo do entroido cando "os de abaixo" rebélanse contra os "de arriba" tralas máscaras.
Coinciden no tempo dúas colaboracións que tecen fíos musicais entre Cataluña, Euskadi e Galicia. Baiuca e Ízaro fan unha versión do 'Xorieri mintzo zen' do poeta e activista Mixel Lebáguerie, un dos pais da nova canción vasca. O tema fala dun marxinado social, que non entende aos homes pero si se relaciona coa natureza.
Catuxa Salom e Joana Dark estrean 'As vosas raons', un tema que parte do retrouso dunha canción tradicional catalá 'Bon día Eleanor', nela unha pastora rexeita a un home adiñeirado para seguir sendo libre. Joana Dark está especializada en rescatar cancioneiros populares en clave feminista.