Cargando resultados...
Ernesto Is: "Vacaburra fálanos da rareza do baile e dos monstros que soben ao escenario"
O raro é que bailar sexa raro é a última peza de Vacaburra
Nesta peza de danza interveñen Andrea Quintana e Gena Baamonde con textos inspirados por Joanna Russ e Linn-Liniker
G24.gal
04/05/2022 16:33
Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Esa é a proposta de Andrea Quintana na coreo-biografía 'O raro é que bailar sexa raro'.