Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Delta e omega', unha visión da operación Nécora contada por un dos policías que iniciaron as investigacións

'Delta e omega', unha visión da operación Nécora contada por un dos policías que iniciaron as investigacións

A metade dos capítulos son sobre aqueles 24 meses que pasou en Galicia abrindo o camiño dos dispositivos policiais especializados na loita contra o narcotráfico

G24.gal 05/11/2021 12:09

'Delta e omega', unha visión da mítica operación Nécora contada por un dos policías que iniciaron as investigacións que levarían á detención dos grandes capos galegos dos anos 90. 

Óscar Fraile chegou á ría de Arousa xunto con outro compañeiro no outono de 1989 para iniciar un seguimento policial que meses máis tarde tería unha enorme repercusión pública. 

Máis de 30 anos despois o inspector agora xubilado conta nun libro os seus primeiros dez anos de experiencia profesional.

A metade dos capítulos son sobre aqueles 24 meses que pasou en Galicia abrindo o camiño dos dispositivos policiais especializados na loita contra o narcotráfico e o crime organizado. 

Óscar considera que aqueles comezos supuxeron un antes e un despois na loita contra o trafico de droga nas rías galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade