Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ángel Pichel: "Cómpre reducir a interacción social aos grupos burbulla"

Ángel Pichel: "Cómpre reducir a interacción social aos grupos burbulla"

O vicepresidente da SEMES Galicia recomenda tratar os síntomas leves na casa como un proceso catarral común

A presión é alta nos servizos de urxencias e de atención primaria

A variante ómicron xa é responsable de ata o 60 % dos contaxios en Galicia 

G24.gal 27/12/2021 09:33

O doutor Ángel Pichel, xefe do servizo de urxencias no Complexo hospitalario universitario de Vigo e vicepresidente da SEMES, Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias, incidiu esta mañá nunha entrevista no informativo Bos días, na necesidade de minimizar as interaccións sociais nestas datas, ca inminencia das festas de ano vello, e na importancia dos grupos burbulla.

Pichel pediu que só acudan a urxencias os casos con síntomas claros e importantes mentres que recomenda que os casos leves se traten na casa como un catarro.

"Deben quedar na casa e actuar como nun proceso catarral, isto é, beber moita auga e tomar paracetamol, chamando ao 061 no caso de agravamento"

O responsable de urxencias na área con máis casos nesta sexta vaga de covid, explicou que a variante ómicron é a responsable da rapidez dos últimos contaxios e do aumento da incidencia, sendo xa a responsable de ata o 60 % dos casos. Engadiu que ómicron ten máis facilidade para o contaxio pero menor carga viral ca outras variantes, polo que a maioría só a sente como un proceso catarral.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade