As paisaxes dos non lugares que agocha a sociedade nas pezas de Christian Villamide
A mostra convida a espertar a emoción ante a barbarie, a volta á contemplación, á valoración da natureza, á convivencia dende o respecto
Na mostra presentou tamén o libro de artista 'Quisiera ser selva intransitable, incógnita...' do propio Villamide na editorial Fueradecarta
'Cando a paisaxe se fixo verba', ata o 31 de maio na Galería Néboa, Lugo
"A paisaxe como construción cultural, como terreo simbólico no que configuramos a nosa maneira de estar no mundo. O natural, hoxe espazo para o conflito e a barbarie". "Que é o poder? O poder preséntase hoxe como a fin de todas as selvas, como o exterminio do natural. Como o último poema. O poder é a morte que temos por diante".
A arte como soporte para o cuestionamento é o punto de partida da mostra 'Cando a paisaxe se fixo verba', de Christian Villamide. Hoxe temos aquí o artista e tamén a comisaria desta exposición, Paula Cabaleiro.