Cargando resultados...
Brais Revaldería: "A Rapa das Bestas era algo mítico na miña infancia"
Revaldería participou en sete edicións da Rapa de Sabucedo para recoller o material deste proxecto documental
Para esta experiencia inmersiva empregaron cámaras 8k, proxeccións 270º, son ambisónico e olor a herba e a besta
Nos últimos anos Brais Revaldería gañou dous premios Emmy e un León de Ouro en Cannes
G24.gal
03/06/2025 13:56
Última actualización 03/06/2025 16:38
Rememorando o vínculo ancestral dos cabalos co divino, así naceu a Rapa das Bestas. A de Sabucedo é unha festa declarada de Interese Turístico Internacional, pero este ano, ademais, foi protagonista no Festival de Cine de Cannes. O director galego Brais Revaldería pesentou alí 'Fillos do vento: A RAPA'. un documental que participou na sección competitiva dedicada ás obras inmersivas.