Arantza Portabales: "Estaba nun momento escuro e a literatura veu para salvarme, escribín este libro sen máis pretencións"
Arantza Portabales: "Estaba nun momento escuro e a literatura veu para salvarme, escribín este libro sen máis pretencións"
Con 'Asasinato na casa rosa' inicia unha nova serie: 'Os crimes de Loeiro, protagonizada polos inspectores Santaclara e Araújo
Portabales explora o 'domestic noire', un subxénero da novela negra no que todo ocorre no ámbito doméstico
A trama da novela sitúanos nas Rías Baixas galegas, en escenarios como a praia de Loira, onde a escritora pasou parte da súa infancia
"E vivían todos xuntos nunha casa torta. Así somos. Tampouco é que a casa sexa tan pequena, pero torta, iso seguro".
A cita coa é da novela 'Crooked house' de Agatha Christie, coa que Arantza Portabales abre a súa nova nova novela 'Asasinato na casa rosa'. Unha familia rica, un asasinato e dous inspectores de policía tecen o argumento deste libro que arranca unha nova serie, 'Os crimes de Loeiro'.