Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antón Lamazares: "Se non estás namorado da vida, non podes dedicarte a arte"

Antón Lamazares: "Se non estás namorado da vida, non podes dedicarte a arte"

A retrospectiva de 1973 a 2023 viaxa desde o expresionismo ata a abstracción e o informalismo a través de 230 obras 

Nos últimos anos as súas obras incorporan textos co Alfabeto Delfín creado polo propio autor

A madeira, o cartón e os barnices son materiais recorrentes na obra de Lamazares

G24.gal 14/05/2024 14:39 Última actualización 14/05/2024 16:47

Inda é día, este é o evocador título da retrospectiva que no CGAC viaxa polos 50 anos de creación do pintor lalinense Antón Lamazares. Desde os seus comezos expresionistas nos anos 70 ata as súas máis recentes obras nas que incorpora textos escritos nun alfabeto creado por el mesmo. Son 230 obras, todas seleccionadas da propia colección do artista, e poderemos contemplalas no CGAC ata o vindeiro mes de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade