Cargando resultados...
Alondra de la Parra, a directora que racha cos estereotipos da música clásica
Alondra de la Parra ten dirixido as orquestras de Paris, Londres, São Paulo, Berlín, Queensland
Fundou a Orquestra Filharmónica das Américas (POA) en 2004, aos 23 anos
É pioneira no emprego de ferramentas dixitais para achegar o mundo da clásica a outros públicos
G24.gal
19/10/2022 16:36
O concerto de apertura de temporada da Orquestra Sinfónica de Galicia achegou á Coruña unha das figuras máis relevantes da música clásica actual. Falamos da directora mexicana Alondra de la Parra. Coa OSG dirixiu a estrea europea da Sinfonía imposible de Arturo Márquez e a Sinfonía número 3 de Brahms. Aproveitamos para conversar con ela sobre esta experiencia e sobre outros traballos.