AS CORAIS E AS BANDAS POPULARIZARON A MÚSICA, SACÁNDOAA DOS TEATROS Á RÚA
A realidade e a historia das corais nun estudo do Consello da Cultura Galega
O movemento coral en Galicia xorde a finais do século XIX, coincidindo co apoxeo das sociedades de recreo
As corais fixeron un importante labor dinamizador e vertebrador do tecido cultural para os integrantes e para o público
Nos anos 90 houbo un novo auxe na creación de corais. Actualmente hai arredor de 300 na comunidade
Sabiades que Negra sombra ou A alborada galega chegaron a nós grazas ás corais? Así foi, xa que as corais achegáronnos a música que viña de Europa e tamén a dos nosos compositores e tiveron un importantísimo papel na dinamización da cultura en Galicia desde finais do século XIX.
Por todo isto o Consello da Cultura Galega dedicou unha xornada de charlas, entrevistas e reflexións sobre a relevancia das corais. Hoxe conversamos con dous dos participantes: o investigador Alberto Cancela e a Alejo Amoedo, que foi un dos coordinadores desta xornada.