Novelas río sobre historias familiares e o conflito árabe israelí na literatura en galego
O azul entre o ceo e a auga é unha historia de resiliencia da novelista palestina de Susan Abulhawa
Hotel Carioca, a reivindicación sobre o poder da ficción de Antón Riveiro Coello
Carné de identidade, de Mahmud Darwish, ser candea na escuridade
Na escolma do noso colaborador literario, Hotel Carioca, de Antón Riveiro Coello (Galaxia), que aborda temas como a homosexualidade e a súa aceptación, os coidados, a eutanasia, a emigración, a amizade e o mundo da creación artística.
O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa (Laivento), conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Gaza.
O poemario Carné de identidade, de Mahmud Darwish (Barbantesa), relata o despoxo material e inmaterial que sofre o pobo palestino e a dignidade da súa loita.