Publicador de contidos

Publicador de contidos

'A memoria das túas mulleres' propón agasallar as biografías das máis próximas a nós

'A memoria das túas mulleres' propón agasallar as biografías das máis próximas a nós

É unha iniciativa da historiadora Carmen Valiña desde Baio

G24.gal 22/12/2022 19:55 Última actualización 22/12/2022 21:59

Cantas veces coñecemos polo miúdo a historia de mulleres famosas, pero non sabemos nada da nosa avoa. Eiva que a iniciativa 'A memoria das túas mulleres' quere resolver dede Baio.

A historiadora Carmen Valiña propónos agasallar, ou agasallarnos, a biografía dunha das mulleres que nos rodean, moitas veces, as nosas grandes descoñecidas. Seguro que agochan máis dunha sorpresa.

A aventura da pescuda comeza recabando datos nunha entrevista virtual ou telefónica para recuperar a memoria das nosas mulleres anónimas. A partir daí, Carmen elabora o relato, entre 2 ou 4 follas, cun estilo literario, rescatando os elementos máis emotivos e máis significativos.

Un relato orixinal sobre a vida da muller que merece tal agasallo, en Nadal ou en calquera época do ano.

Existe a opción, conta Carmen, de que se complemente cunha fotografía ou cun obxecto relacionado coa traxectoria vital desa muller.

A iniciativa leva pouco tempo en marcha pero xa recibiu varias peticións, non só de Galicia, para rescatar unha biografía familiar.

O agasallo chega con moito mimo por correo, á antiga usanza, para que sexa unha experiencia completa.

E para Reis, engade Carmen, aínda chegamos a tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade