Cargando resultados...
Xan Campos Trío: "Na vida e na música son todo interpretacións da realidade"
Xan Campos Trío actuou en directo no ciclo Butaca Jazz en AFundación, A Coruña
Xan Campos Trío complétase con Horacio García ao contrabaixo e Iago Fernández á batería
G24.gal
12/11/2021 13:49
Realismo é o último traballo de Xan Campos Trío, un disco heteroxéneo que toca moitos paus musicais, pero que soa cento por cento a Xan Campos. O disco foi producido polo Hevi e editado por Free Code Records.
Con pouco máis de trinta anos, Xan conta cunha traxectoria especialmente extensa, tendo gravado cinco discos ao seu nome e máis de vinte acompañando a grandes figuras deste xénero musical.