Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oficinas ateigadas para solicitar o voto por correo

Oficinas ateigadas para solicitar o voto por correo

Ata onte xa se chegara aos 2,4 millóns de solicitudes, segundo os sindicatos de Correos

Os que solicitaron o voto postal, fagan ou non uso del, non poderán acudir a un colexio o domingo 23

Correos abrirá a fin de semana as súas oficinas para facilitar o voto por correo

G24.gal 13/07/2023 14:37

A época das vacacións provocou unha avalancha de solicitudes do voto por correo. As oficinas seguen a recibir centos de persoas a dez días das eleccións.

En España rexistráronse 2,4 millóns de solicitudes e en Galicia achéganse ás 109.000, cifras que seguirán en aumento porque a unhas horas para que remate o prazo as oficinas seguen recibindo peticións.

As peticións de voto por correo multiplicáronse, o que obrigou a Correos a reforzar o cadro de persoal con 19.400 novos contratos, que segundo os traballadores non chegan para facer fronte á avalancha de solicitudes. 

Para aliviar o atasco, Correos amplía os horarios de atención ao público nas oficinas, que abrirán de oito da mañá ás dez da noite e o sábado e o domingo en horario de nove a dúas da tarde.

O prazo para votar remata o día 20 e moitos aínda agardan que lles chegue a documentación á casa antes de marchar de vacacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade