Publicador de contidos

Contido coa etiqueta accidente .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta accidente .

Accidente

Autobús accidentado e servizos de emerxencia en Florida (REUTERS)

Un choque entre un autobús e unha camioneta deixa 8 mortos e 40 feridos en Florida

14/05/2024 18:56

O autobús, no que viaxaban 53 traballadores inmigrantes, saíu da estrada, atravesou un valado e envorcou

Oito dos feridos atópanse en estado crítico, entre eles o condutor da camioneta


Rescatan en Moaña unha condutora que caeu por un desnivel de dez metros de altura

13/05/2024 14:39

Malia a caída e a aparatosidade do sinistro, só sufriu feridas leves

Os bombeiros tiveron que abrir todo o lateral do coche para extraela

Empregaron unha polea para sacala do lugar ata a ambulancia


O GES de Lobios e axentes da Garda Civil durante o rescate

Rescatan unha muller tras caer nunha zona de dificil acceso en Lobios

12/05/2024 09:52

Emerxencias despregou un amplo operativo para evacuar á accidentada que fracturou unha perna nunha zona de montaña

Ante a imposibilidade de mobilizar o helicóptero, os efectivos chegaron á zona nun todo terreo


A familia do turista valenciano ingresado en coma na UCI en México pide axuda para os gastos de hospital

10/05/2024 14:05

O home sufriu un accidente na piscina do hotel onde se aloxaba que lle provocou unha parada cardiorrespiratoria


Un home quedou ferido tras recibir un couce dun cabalo na cabeza

04/05/2024 19:48

Os feitos aconteceron nun predio do lugar de Argote, no concello de Noia

Foi trasladado consciente nun vehículo medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago


(Wang Ruiping/Xinhua News)

O afundimento dunha estrada na China provoca 48 mortos e unha trintena de feridos

02/05/2024 12:02

As causas da derruba están a ser investigadas, pero sospéitase que podería deberse á forte choiva que azoutaron a rexión nos últimos días

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  A CHINA   ACCIDENTE

Un accidente de autobús no norte do Perú deixa polo menos 27 mortos

30/04/2024 09:40

A fiscalía pide deter o conductor por un presunto delito de homicidio culposo

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  O PERÚ   ACCIDENTE

Ferido grave un rapaz que caeu dun tellado en Dumbría cando tentaba coller unha pelota

28/04/2024 19:21

O menor precipitouse dende unha altura duns tres metros e golpeou a cabeza

Categorías:  Galicia   Dumbría   Sucesos
Etiquetas:  MENORES   ACCIDENTE

Os veciños din que xa houbo varios accidentes neste sumidoiro e que o Concello de Lugo non toma medidas

Viandantes rescatan unha muller atrapada nun sumidoiro de Lugo que caeu ao ceder a tapa

26/04/2024 14:35

A vítima deste accidente camiñaba acompañada do seu fillo de catro anos, que por sorte non caeu con ela

Etiquetas:  ACCIDENTE

A veciñanza reclama a reparación da N-540 ao seu paso por Guntín

14/04/2024 20:55

O Ministerio de Transportes adxudicou por 11 millóns de euros a reparación de 69 quilómetros desta estrada

Aseguran que na vía, chea de fochancas, hai accidentes case a diario



Accidente mortal en Begonte

Falecen dous homes nun choque entre unha furgoneta e un camión en Begonte

09/04/2024 12:25

As vítimas, dous veciños de Curtis de 66 e 67 anos, tiveron que ser liberadas do interior do vehículo, que sufriu moitos danos no impacto


Cae sobre unha parcela habitada en Oleiros unha árbore de 30 metros

08/04/2024 16:02

Os propietarios da vivenda queren que o veciño corte as árbores que ameazan a súa propiedade, pero o dono di que están catalogadas e que non pode facelo

Etiquetas:  ACCIDENTE

Morre unha adolescente española nunha caída nos Pireneos franceses

02/04/2024 08:49

A menor escorregou mentres camiñaba con seu pai, e foi este quen alertou os servizos de emerxencia


Non hai prazos para que o porto de Baltimore volva estar operativo

30/03/2024 14:25

Trabállase na apertura dunha canle que permita un tráfico limitado

Categorías:  Mundo   Sucesos

Suráfrica confirma a morte de 45 persoas pola caída dun autobús por un barranco

29/03/2024 09:25

O único sobrevivinte é un neno de 8 anos, que está hospitalizado


Os enxeñeiros cuestionan a falta de protección dos piares da ponte de Baltimore

27/03/2024 14:47

Os expertos apuntan tamén a carencia de remolcadores para o apoio nas manobras portuarias


O Discoverer Enterprise derrubou 100 metros da ponte das Pías, a principal vía de comunicación de Ferrol

Lembramos o accidente das Pías en 1998, cando un buque derrubou a ponte da ría de Ferrol

26/03/2024 14:27

O buque soltárase do dique de Astano por mor dun temporal, e foi á valga ata colidir coa ponte

O Discoverer Enterprise considerábase daquela o maior buque de prospección petrolífera do mundo


Os expertos, sorprendidos polo derrubamento da ponte en Baltimore

26/03/2024 14:04

Cren que os piares da ponte carecerían de protección, e que por iso colapsou tras o impacto do buque

Tamén lles chama a atención que se trata dunha construción relativamente recente, con menos de cincuenta anos


Foto e sinal en directo de Reuters

Cae a maior ponte de Baltimore tras impactar un cargueiro contra un dos seus piares

26/03/2024 08:53

Hai dous superviventes e polo menos sete desaparecidos, aínda que non hai cifra definitiva, xa que pola ponte cruzaban coches no momento do impacto

Non hai feridos entre os 22 tripulantes do cargueiro que chocou contra un piar da ponte tras perder propulsión

Os expertos, sorprendidos polo derrubamento da ponte en Baltimore con menos de 50 anos de antigüidade

Lembramos o accidente das Pías en 1998, cando un buque derrubou a ponte da ría de Ferrol


Falece o sancristán de Carballo ao que lle caeu na cabeza a imaxe dun santo

24/03/2024 15:56

Morreu a noite pasada no hospital da Coruña a causa das feridas

Categorías:  Galicia   Carballo   Sucesos
Etiquetas:  IGREXA   ACCIDENTE

Buscan un condutor que fuxiu tras atropelar un menor en Ames e deixalo ferido

24/03/2024 10:22

O mozo tivo que ser evacuado con varios traumatismos nunha perna
 


O lugar do atropelo

Identifican o coche implicado no atropelo mortal ocorrido en Ourense

24/03/2024 09:53

Aconteceu pouco antes da medianoite na rúa Curros Enríquez

O vehículo abandonara o lugar tras o accidente 


Ferido grave un sancristán en Carballo ao caerlle na cabeza a imaxe dun santo

23/03/2024 20:59

Todo parece indicar que sufriu unha indisposición e puido tentar apoiarse na figura

Categorías:  Galicia   Carballo   Sucesos
Etiquetas:  IGREXA   ACCIDENTE

Intentan remolcar un barco con madeira que quedou varado en Ribadeo

14/03/2024 19:39

As manobras da tarde non tiveron éxito e haberá que agardar á vindeira preamar da madrugada

Categorías:  Ribadeo   Galicia   Sucesos
Etiquetas:  ACCIDENTE

Feridos varios pasaxeiros ao caer o autobús nun burato dunhas obras en Cornellà

11/03/2024 17:09

Un dos feridos atópase en estado crítico e hai catro máis en estado grave

O sinistro provocou unha fuga de gasóleo que foi controlada polo Corpo de Bombeiros


Un coche impacta contra o muro e a galería de dúas casas de Abegondo

10/03/2024 20:59

O accidente causou moitos danos, pero non deixou feridos


A avenida onde tivo lugar o accidente

Falece a muller de 91 anos atropelada por un tractor en Bertamiráns

09/03/2024 14:10

Segundo as primeiras investigacións, a vítima podería estar cruzando por un paso de peóns 


Unha forte sarabiada provoca dous accidentes de tráfico múltiples na AP-9

09/03/2024 12:14

En total houbo quince vehículos implicados e nove persoas quedaron feridas leves

A autoestrada quedou cortada durante case unha hora e houbo retencións importantes

Etiquetas:  ACCIDENTE

Encalla nas rochas da costa de Camariñas un pesqueiro con dous tripulantes a bordo

05/03/2024 18:02

Os mariñeiros conseguiron saltar á terra

Etiquetas:  PESCA   ACCIDENTE

Investigan como accidente a caída dunha muller desde 5 de altura nunha construción abandonada da Coruña

27/02/2024 09:38

A vítima está ingresada na UCI do CHUAC e o seu prognóstico é grave


Imaxe de arquivo

Unha menor morta e tres feridos graves nunha proba de 4x4 en Asturias

24/02/2024 20:51

As tres persoas feridas están pendentes de máis probas ata nova valoración médica

A menor falecida atopábase no interior do vehículo xunto con outro dos feridos, mentres que os outros dous homes saíran despedidos


Falece un motorista de Boiro tras sufrir unha caída en Silleda

18/02/2024 13:21

Foi un particular o que avisou o 112 ao comprobar que o piloto apenas respiraba 


Seguen ingresados os dous feridos máis graves en PortAventura, un deles en estado crítico

12/02/2024 13:42

Outros tres, menos graves, xa foron dados de alta

Todos estaban a bordo da montaña rusa de madeira cando unha árbore caeu polo vento e feriu 14 persoas, 9 con mancaduras leves


Restablecido o tráfico na A-52 na Cañiza despois dun accidente múltiple de 14 vehículos

10/02/2024 14:36

Oito persoas quedaron feridas leves e outras 20 saíron ilesas

O accidente provocou retencións de 10 quilómetros


O desprendemento dun andamio no concello lucense de Carballedo obriga a cortar unha estrada

07/02/2024 18:50

O tráfico está desviado dende primeira hora da tarde

Categorías:  Carballedo   Sucesos
Etiquetas:  ACCIDENTE

O expresidente de Chile Sebastián Piñera morre nun accidente de helicóptero

06/02/2024 20:25

Segundo medios chilenos, Piñera pilotaba o seu helicóptero e ia acompañado por outras tres persoas

Categorías:  Mundo   Sucesos
Etiquetas:  ACCIDENTE

Morre un home de 40 anos nunha colisión frontal en Antas de Ulla

02/02/2024 08:56

Conducía un dos vehículos implicados nunha colisión frontolateral rexistrada na N-640


Un accidente de autobús en Lousame obriga os pasaxeiros a saír pola bodega do vehículo

27/01/2024 19:01

O suceso ocorreu arredor das 15:00 horas deste sábado e non houbo que lamentar danos persoais


Un dos cinco accidentes de tráfico que se rexistraron onte na A-4 (EFE/Jesús Monroy)

Morre o mozo afeccionado sevillista que viaxaba co seu pai e irmán, tamén falecidos

26/01/2024 11:59

Con esta nova morte, ascende a catro o número de falecidos no accidente

Etiquetas:  ACCIDENTE
Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 106 resultados.