Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viandantes rescatan unha muller atrapada nun sumidoiro de Lugo que caeu ao ceder a tapa

Viandantes rescatan unha muller atrapada nun sumidoiro de Lugo que caeu ao ceder a tapa

A vítima deste accidente camiñaba acompañada do seu fillo de catro anos, que por sorte non caeu con ela

Os veciños din que xa houbo varios accidentes neste sumidoiro e que o Concello de Lugo non toma medidas
G24.gal 26/04/2024 14:35

Co susto aínda no corpo, unha veciña de Lugo conta como caeu nun sumidoiro da rúa Estrada da Granxa, cando camiñaba co seu fillo de catro anos. E a cousa puido ser moito peor no caso de que caera o cativo, xa que cre que podía haber uns tres metros de altura.

O accidente non sorprendeu moito os veciños, xa que, segundo din, houbo xa varios casos máis. Presentaron unha reclamación no Concello de Lugo pero, din, non tiveron resposta. Descartan que o problema, como lles dixeron nunha ocasión, se deba a obstrucións puntuais provocadas por unhas madeiras.

A afectada, malia todo, só pide que se arranxe o problema, e non pensa denunciar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade