Novas
Contido con Temática .
Actos De Campaña 28m
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230526/thumbnail_MOCHILABRPSDEGFORMOSOEMARGARITAROBLES42305261913_frame_9842.png)
Os socialistas piden a mobilización do electorado acudindo o domingo votar en masa
26/05/2023 20:43
A ministra de Defensa, Margarita Robles, presente no peche de campaña en Ferrol, arroupou a candidato á reelección, o socialista Ángel Mato
Os socialistas de Galicia agradeceron o apoio recibido polo Goberno de España nesta campaña electoral
![Ana Pontón e Jorquera piden unha mobilización masiva a prol do BNG o domingo](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230526/thumbnail_colAPOIOBNG_frame_1613.png)
Ana Pontón apela a "inconformistas e rebeldes" a concentrar o seu voto no BNG
26/05/2023 19:36
Francisco Jorquera, convencido de que A Coruña escollerá un cambio de rumbo o próximo domingo
Pontón di que son a "papeleta que representa a esperanza de Galiza"
![Borja Verea propón cambiar o rumbo da capital galega](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230526/thumbnail_pp.png)
Verea advirte: "Un só voto pode deixarnos na oposición"
26/05/2023 19:36
O candidato do PP pide un apoio maioritario para evitar outros catro anos de goberno socialista
Alfonso Rueda pide un voto de confianza para un candidato "ilusionante" e ao mesmo tempo un "voto de castigo" para Pedro Sánchez
![Ana Pontón e Goretti Sanmartin vistas a través do móbil na praza do Obradoiro](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230526/thumbnail_MOCHILABRBNGPONTONENSANTIAGO2305261134_frame_42006.png)
O BNG pide un resultado "histórico" que converta a Goretti na primeira alcaldesa de Santiago
26/05/2023 12:24
Ana Pontón di que están preparados para converter a apatía en ilusión e transformar a capital
Goretti Sanmartín pide a concentración do voto no BNG fronte a decepción e a inercia dos socialistas
![Rueda di que un voto ao PP é un voto á](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230526/thumbnail_ENGBRPPDEGRUEDAENORDES_frame_1532.png)
Rueda chama a unir no PP o voto "disperso"
26/05/2023 12:24
Alfonso Rueda di que necesitan maiorías "potentes para facer gobernos potentes"
Feijóo di que unha papeleta do PP o domingo tamén é un "non ao sanchismo"
![A alcaldesa da Coruña e candidata á reelección polo PSdeG, Inés Rey, fala con simpatizantes](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230526/thumbnail_MOCHILABRPSDEGLAGETUNHASENCORUNHA2305261137_frame_14518.png)
Tres ministros para pechar a campaña socialista en Galicia
26/05/2023 12:24
Os socialistas teñen en xogo as alcaldías de 5 as 7 grandes cidades
Din que esta campaña demostrou que a mellor garantía de progreso para as cidades "está no Partido socialista"
![Xabier P. Igrexas está convencido de protagonizar](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230525/thumbnail_colAPOIOBNGVIGO_frame_612.png)
Ana Pontón apela ao voto do cambio en Vigo
25/05/2023 21:15
Os nacionalistas propoñen avanzar cara a un modelo de cidade que volva ser o pulmón industrial de Galicia
Pontón di que Vigo merece avanzar cara a unha cidade máis habitable e moito máis verde, igualitaria e xusta socialmente
![Alfonso Rueda ten](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230525/thumbnail_colAPOIOPPDG_frame_209.png)
Rueda pide concentrar o voto de centrodereita no PP para facer a Candia alcaldesa de Lugo
25/05/2023 21:09
O presidente do PPdeG di que Candia "vai ser un sopro de aire fresco" para o Concello
Elena Candia pide reverter a inseguridade nos barrios da cidade
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230525/thumbnail_ENGBRPODEMOSCORUNHAACTODEUNIDADE_frame_18183.png)
Por Coruña quere ser relevante se na Coruña se forma un goberno progresista
25/05/2023 20:56
Manuel Sande di que "garanten un espazo á unidade progresista"
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230525/thumbnail_MOCHILABRPSDEGFORMOSOMITINENASPONTES2305251933_frame_148851.png)
Formoso avoga pola mobilización de recursos para captar proxectos estratéxicos para As Pontes
25/05/2023 20:52
González Formoso, alcalde das Pontes desde 2007, pediulles hoxe de novo aos veciños que sigan confiando no seu proxecto
Os socialistas reclaman unha transformación enerxética e de proxectos como a fábrica de papel tisú, unha planta de hidróxeno verde ou a factoría de pneumáticos que, aseguran, darán traballo á contorna
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230525/thumbnail_PINCHOBRVOXSANTIAGOMITIN2305251957_frame_119601.png)
Fernando Mayo pediu o voto para que Vox poña Santiago no lugar que lle corresponde
25/05/2023 20:46
O candidato de Vox á alcaldía di que "os santiagueses deben elixir un goberno que goberne desde Santiago sen influencias"
![Ana Pontón volveu a Ourense para apoiar a Luís Seara](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230525/thumbnail_colBNGOURENSE_frame_1364.png)
Ana Pontón apela á mocidade para cambiar o alcalde de Ourense
25/05/2023 14:55
O candidato nacionalista promete "un concello con portas abertas para botar fóra o cheiro"
Pontón di que eles teñen a chave para cambiar o modelo de goberno da cidade
![Alcaldes e dirixentes socialistas esta mañá en cabo Ortegal](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230525/thumbnail_PSDG_frame_5179.png)
Valentín Formoso: "Nós non tomamos o pelo aos cidadáns"
25/05/2023 14:52
Esta mañá os socialistas visitaron o Xeoparque de Ortegal e amosáronse convencidos de que o domingo, as súas políticas terán un amplo apoio
Formoso valorou moi "positivamente" a acollida que tiveron en todas as cidades e vilas
![Manuel Cabezas, ante o reto de volver á alcaldía de Ourense](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230525/thumbnail_ruedaourense.png)
O PP apela ao voto útil para evitar que poidan perder concellos por "un só voto"
25/05/2023 14:48
O candidato á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, compara o Goberno de Jácome co de Pedro Sánchez
O candidato á alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, promete tolerancia cero coa okupación ilegal
![O PP confía na experiencia e carisma de Cabezas para tombar a Jácome](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230524/thumbnail_MOCHILABRPPDEGRUEDAEBALTARENOURENSE2305241930_frame_207354.png)
Cabezas pide apoio masivo para rematar co "caos de Jácome"
24/05/2023 20:54
O PP ten a recuperación da alcaldía de Ourense coma un dos seus principais obxectivos este domingo
Cabezas lembra o seu compromiso de non "falar" de Pérez Jácome
![Ana Pontón apoiou a candidatra de Rubén Arroxo en Lugo](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230524/thumbnail_MOCHILABRBNGPONTONENLUGO2305241930_frame_173845.png)
O BNG pide outros catro anos máis en Lugo
24/05/2023 20:54
Pontón chama a concentrar o voto para continuar o cambio
Rubén Arroxo pídelles aos lugueses que imaxinen o que serán capaces de facer con outros catro anos por diante
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230524/thumbnail_MOCHILABRPSDEGLAGETUNHASENSANTIAGO_frame_44140.png)
Bugallo confía en catro anos máis de goberno socialista en Santiago
24/05/2023 20:51
A ministra de Educación Pilar Alegría uniuse á caravana electoral para apoiar a candidatura socialista
O candidato á reelección pediu o apoio da veciñanza para seguir mellorando, dixo, a cidade de Santiago
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230524/thumbnail_ENGBRCOMPOSTELAABERTAACTOCENTRAL_frame_131311.png)
Compostela Aberta pide o voto para "retornar o futuro a Santiago"
24/05/2023 20:13
A candidata María Rozas di que o seu proxecto aposta por deixar atrás o pasado e dar a Santiago un futuro de esperanza e renovación
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230524/thumbnail_MOCHILABRVOXLUGOMESAINFORMATIVA2305241909_frame_25207.png)
A candidata de Vox en Lugo pide a confianza para o seu proxecto de cidade
24/05/2023 20:12
Sonia Teijeiro di que Vox representa o proxecto das tradicións e un proxecto social
![O candidato á reelección polo BNG, Pablo Vizoso, e Ana Pontón, esta mañá en Ribadeo](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230524/thumbnail_MOCHILABRBNGPONTONENRIBADEO2305241312_frame_54044.png)
Pontón di que en Ribadeo se demostra que outra Galicia "é posible"
24/05/2023 14:06
A voceira nacionalista di que sente un gran "entusiasmo" arredor do BNG
O BNG di que as súas candidaturas son a opción das persoas que queren cidades e vilas máis dinámicas apostando "polo noso"
![Besteiro fixo campaña esta mañá en Noia apoiando a Fran Pérez](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230524/thumbnail_MOCHILABRPSDEGBESTEIROENNOIA2305241312_frame_22733.png)
Os socialistas debuxan unha Noia con máis turismo e máis solo industrial
24/05/2023 14:05
O candidato á alcaldía, Fran Pérez, aspira a recuperar un goberno que perderon hai case oito anos
Pérez pídelle axuda a Besteiro para que lle axude a desenvolver economicamente a vila
![A candidata do PP, Katy Varela, e a secretaria xeral do partido en Galicia visitaron a feira de Monforte](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230524/thumbnail_paulapradopp.png)
Último esforzo do PP para arrancarlle a Deputación de Lugo a PSOE e BNG
24/05/2023 14:05
A secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado, pide apoio para todos os candidatos da provincia porque di que "é urxente cambiar o rumbo da Deputación"
Os populares galegos tamén intensifican a campaña na rede, onde Alfonso Rueda ten o seu propio diario de campaña
![Gorretti Sanmartín ante a segunda oportunidade de ser alcaldesa](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230523/thumbnail_MOCHILABRBNGPONTONENSANTIAGOPARTE22305232003_frame_126091.png)
O BNG quere converter a Goretti Sanmartín na primeira alcaldesa da capital de Galicia
23/05/2023 21:22
A candidata nacionalista propón cambiar o modelo turístico por outro máis sostible
Goretti Sanmartín di que chegou a hora de sacar a capital de Galicia do "letargo"
![O PP celebrou o seu mitin central na Coruña coa presenza de Alfonso Rueda](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230523/thumbnail_PP_frame_2421.png)
O PP ante o reto de reconquistar A Coruña
23/05/2023 21:19
Alfonso Rueda pide converter as boas perspectivas das enquisas en votos do PP o próximo domingo
O candidato popular Manuel Lorenzo di que ten por obxectivo facer barrios máis seguros e con mellores servizos
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230523/thumbnail_MOCHILABRPSDEGFORMOSOENCARINHO2305231947_frame_168204.png)
Alonso Pumar presentouse como a única opción política que garante o progreso de Cariño
23/05/2023 21:11
Pumar, arroupado polo líder dos socialistas galegos, resaltou os proxectos conseguidos, dixo, durante o seu goberno
Formoso aproveitou para pedir o voto e mobilizar o electorado para que os socialistas melloren resultados o próximo domingo
![Ana Pontón reuniuse esta mañá cos candidatos da comarca da Coruña](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230523/thumbnail_colBNG_frame_64.png)
O BNG comprométese a impulsar a área metropolitana da Coruña
23/05/2023 14:35
Ana Pontón pide que todo o voto inconformista vaia parar ao BNG
Jorquera di que a Coruña real non "remata na ponte da Pasaxe"
![Francisco Rodríguez e Gómez Besteiro visitaron esta mañá as termas de Outariz](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230523/thumbnail_ENGBRPSDEGBESTEIROENOURENSE_frame_59226.png)
Os socialistas piden paralizar as adxudicacións no Concello de Ourense
23/05/2023 14:33
O candidato, Francisco Rodríguez, di que agora mesmo "todo está baixo sospeita"
O PSdeG pídelle á Fiscalía que actue de oficio
![Manuel Cabezas compareceu esta mañá diante dos medios para analizar a situación do concello de Ourense](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230523/thumbnail_ENGBRCABEZASENOURENSE_frame_26139.png)
O PP pide a paralización administrativa do Concello de Ourense e a dimisión de Jácome
23/05/2023 14:20
O candidato do PP, Manuel Cabezas, di que senten "vergoña" por todo o que está saíndo e píden máis apoio o domingo para "cambiar o rumbo"
En Xinzo, Rueda advertiu sobre as candidaturas de "pactos de perdedores"
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230522/thumbnail_MOCHILABRPSDEGFORMOSOEZAPATEROENLUGOPARTE22305221922_frame_8011.png)
Os socialistas piden o terceiro mandato de Lara Méndez como alcaldesa de Lugo
22/05/2023 20:13
O expresidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero e destacados membros do Partido Socialista de Galicia apoiaron a candidata á reelección
Neste mitin central de campaña puxeron a cidade de Lugo como exemplo dos valores que representa o socialismo.
![Os BNG pide o voto en Ourense para frear](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230522/thumbnail_colAPOIOBNG_frame_1350.png)
Pontón: "Chegou a hora de recuperar a dignidade e o orgullo de Ourense"
22/05/2023 19:25
A voceira nacional do BNG di que só eles garanten que Jácome non siga na alcaldía
O candidato á alcaldía, Luis Seara, repite como cabeza de cartel e advirte dunha situación de emerxencia social e política e pide o voto de todos os "indignados"
![Alfonso Rueda e Rafael Domínguez este serán en Pontevedra](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230522/thumbnail_colAPOIOPPDG_frame_613.png)
Rueda pide mudar a "melancolía" de Lores pola enerxía do PP
22/05/2023 19:24
Os populares volven confiar en Rafa Domínguez para destronar o rexedor nacionalista, Fernández Lores
O PP garante a continuidade do modelo de cidade, pero din que toca darlle un impulso
![Rueda advirte en Lalín que non hai nada gañado](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230521/thumbnail_MOCHILABRPPDEGRUEDAENLALIN2305211744_frame_102935.png)
Rueda non quere "confianzas" en Lalín
21/05/2023 21:06
Xosé Crespo, o candidato á reelección en Lalín, saca peito pola "única candidatura enfocada ao traballo"
Rueda lembra que votar candidatos socialistas é o mesmo ca apoiar a Pedro Sánchez
![O BNG de Ponteareas contou esta tarde co respaldo de Ana Pontón](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230521/thumbnail_MOCHILABRBNGPONTONENPONTEAREAS2305211941_frame_107387.png)
Pontón pide encher as urnas de votos do BNG para seguir avanzando en Ponteareas
21/05/2023 21:02
A voceira nacional do BNG di que desde 2015 en Ponteareas respírase liberdade
A candidata á reelección, Cristina Fernández, di que esta vai ser a lexislatura do saneamento
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230521/thumbnail_MOCHILABRPSDEGFORMOSOENCUNTIS2305211935_frame_137538.png)
Formoso di que con Manuel Campos na alcaldía Cuntis ten o futuro garantido
21/05/2023 20:54
Valentín González Formoso amosouse confiado de que o 28-M os socialistas van mellorar os resultados neste municipio
Manuel Campos puxo en valor o proxecto estrela do concello que é a construción do polígono industrial da Ran, que conta cun investimento de 6 millóns de euros
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230521/thumbnail_ENGBRPSDEGFORMOSOENVELLE_frame_6203.png)
O PSdeG reclama un cambio de goberno en Ourense para devolverlle a dignidade á cidade
21/05/2023 13:56
Francisco Rodríguez apuntou que os ourensáns non poden seguir sentíndose indignos e avergoñados de vivir nunha cidade fermosa e con futuro
O candidato arroupado por Valentín González Formoso visitou as instalacións de Aspanas e reclamou investimentos para os colectivos con discapacidade
![Pontón loubou o traballo feito por Leticia Santos en Moaña](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230521/thumbnail_pontonmoanha.png)
Ana Pontón chama a reconquistar O Morrazo
21/05/2023 12:55
A voceira do BNG di que Moaña é un concello de "Champions" onde vive xente "feliz" porque gobernan os nacionalistas
Pontón sostén que os gobernos do BNG fan a mellor política municipal de Galicia
![Sete partidos optan a facerse coa alcaldía de Ribeira, ata hoxe en mans do PP que goberna en minoría](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230521/thumbnail_ruedaribeira.png)
Ruíz Ribas en Ribeira: o obxectivo, recuperar a maioría absoluta
21/05/2023 12:55
O PP chama contra o exceso de confianza e advirte sobre as consecuencias "nefastas" de dividir o voto
Ruíz Ribas di que non hai que fiarse "do vento a favor", que hai que asegurar voto a voto o día 28
![O PP aspira a conseguir a cuarta maioría con José López, na Estrada](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230520/thumbnail_ruedanaestradatarde.png)
Rueda alerta sobre as consecuencias do exceso de confianza
20/05/2023 20:43
José López lembra que as maioría absolutas son unha "especie en extinción"
O líder do PP compromete a chegada da autovía á Estrada
![Ana Pontón, orgullosa do concello](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230520/thumbnail_pontonallariz.png)
Pontón pide reforzar a candidatura de Allariz para "non dar nin un paso atrás"
20/05/2023 20:37
A voceira nacional do BNG, orgullosa dunha vila "emblema" para o nacionalismo galego
A candidata á alcaldía, Cristina Cid reivindica o inconformismo para seguir avanzando e sumar novos proxectos
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2023/20230520/thumbnail_MOCHILABRPSDEGBESTEIROENSANCIBRAO2305201814_frame_210336.png)
Luján Ramos aposta en Cervo polo impulso do emprego e o asentamento de empresas na vila
20/05/2023 20:34
A candidata socialista insistiu en poder chegar a alcaldía para mellorar a vida dos veciños
Aproveitaron a visita a Mariña tamén para falar de Alcoa. Aseguran que foron eles os que apoiaron aos traballadores